jump to navigation

Novas de Outono (III) Decembro 2, 2009

Posted by admin in : Uncategorized , add a comment

E dende a rede seguimos tecendo ese fío radiofónico entre a Galiza e Catalunya coas NOVAS DE OUTUNO III!

CINEMA NO CENTRO GALEGO DE BARCELONA

Tal e como vimos anunciando, o CGB converteuse na primeira sala de cinema en galego fora das fronteiras do noso país. Desta volta, este sábado día 5 proxectarase, a partir das 19.00h:

- VEN A BENS (1992) de Sandra Sánchez Cachaz.

- O TESOURO (de Anxel Fole, 1997) dirixido por Xaime Fandiño.

CURSOS DE LINGUA E CULTURA GALEGAS

Últimos días para incribirse nos Cursos de Lingua e Cultura 2009-2010
(11 de decembro último dia de matrícula)

Destinados a persoas maiores de 17 anos, sexan ou non estudantes da Universitat
de Barcelona. Matrícula gratuíta.

Os cursos de lingua galega serven de preparación para os exames do Certificado
en Lingua Galega (CELGA) regulados e expedidos pola Xunta de Galicia. Cursos
oficiais de 75 h recoñecidos como 7.5 Créditos de Libre Elección na Universitat
de Barcelona (agás estudantes de Filoloxía).

Este ano todos os cursos comezarán en xaneiro de 2010.

EN XANEIRO, ELECCIÓNS NO CENTRO GALEGO

Xa deu comezo o periodo pre-electoral que dotará ao noso Centro Galego máis emblemático dun equipo de traballo novo (ou revalidará á xente que alí traballou durante estes dous anos). Iremos informando do que aconteza.

Novas de Outono (II) Novembro 5, 2009

Posted by admin in : Uncategorized , add a comment

DEFENSEM LA LLENGUA GALLEGA convoca unha reunión para o 11 de Novembro, mércores, ás 20h no Centro Galego de Barcelona

Logo de celebrarse en Barcelona unha reunión con Fran Rei, vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística e un dos promotores da plataforma “Queremos Galego”, Defensem la llengua gallega convoca unha nova reunión para redefinir os seus obxectivos e programar novas actividades en Catalunya.

_____________________________________________________________________________________________________

Manuel Dobarco, destacado galego-catalán, implicado na trama de corrupción de Santa Coloma de Gramenet : a Operación “Pretòria”

Ao longo desta semana destapouse, nos medios de comunicación de masas, a Operación Pretòria: unha trama de corrupción no Concello barcelonés de Sta. Coloma de Gramenet. Un dos implicados é Manuel Dobarco. Se queredes ter máis info sobre quen é este home e qué papel desenvolveu dentro da comunidade galega en Catalunya, podedes consultar o blog “Barcelona da Arousa” ou “Invando Vagalumes“.

_____________________________________________________________________________________________________

Inagúrase unha exposición sobre o Camiño de Santiago en Girona

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, da Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración coa Asociación de Cámaras de Comercio dos Camiños Xacobeos presenta a mostra audiovisual itinerante “En Camiño”, organizada dentro do convenio que ambas entidades teñen subscrito para a promoción do Camiño de Santiago.A exposición consiste nunha secuencia de 28 fermosas fotografías sobre as peregrinacións xacobeas, particularmente dos camiños Francés e de Fisterra, e outra complementaria de Santiago como meta das peregrinacións.  As pezas son de gran calidade e van montadas en caixas de luz, co que se consigue un efecto orixinal e unha atmosfera realmente suxestiva.

Permanecerá ata o día 13 deste mes e á inauguración asistirá o técnico da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo Francisco Singul, quen tamén pronunciará unha conferencia no mesmo lugar o día 10 de novembro que levará por título “Por qué se peregrina a Santiago: razones y mentalidades.” Tras o acto inaugural, e como é habitual neste circuíto, haberá unha degustación promocional de produtos gastronómicos galegos.

__________________________________________________________________________________________________

“Sala CGB” (cine galego en barcelona) no CGB (centro galego de Barcelona).

Iniciouse xa no mes de Outubro, mais neste mes de Novembro, no Centro Galego de Barcelona, poderemos desfrutar das proxeccións:

7 de Novembro : Ás 18.30 a curtametraxe O prezo da dote. Ás 19h Entre Bateas.

Para máis info sobre o Cineforum e outras cuestións, visitade a web do CGB.

____________________________________________________________________________________________________

Novidades no Blog de ERGaC

Tendes ao voso dispor unha foto do equipo do “Galiza…algo máis , no apartado do programa de Sants3Ràdio desta humilde bitácora.

NOVAS DE OUTONO (I) Outubro 16, 2009

Posted by admin in : Uncategorized , add a comment

NOVAS DE OUTONO

Porén do MAGOSTO a actualidade galega en Catalunya ten máis puntos de referencia. Periódicamente, en ERGACPRESS daremos conta do que aconteceu e acontecerá nestas terras catalás, entre os galegos e galegas.

Nova Edición dos Cursos de Lingua e Cultura

Ata o 11 de decembro permanece aberto o prazo para inscribirse na XXV edición dos Cursos de Lingua e Cultura 2009-2010, organizados pola UB e a Secretaría Xeral Política Lingüística da Xunta de Galicia. A matrícula é gratuíta e está aberta a calquera persoa maior de 17 anos sexa ou non estudante da Universitat de Barcelona. Os cursos de lingua galega serven de preparación para os exames do Certificado en Lingua Galega (CELGA) e están recoñecidos con 7,5 créditos de libre elección pola UB (agás estudantes de Filoloxía). Os cursos teñen unha duración de 75 horas e comezarán en xaneiro de 2010. Prazas Limitadas.

Ciclo de Cinema no Centro Galego de Barcelona

O Centro Galego de Barcelona (CGB) organiza o primeiro sábado de cada mes unha sesión de cinema galego, coa proxección dunha curta e dunha película longametraxe. As sesións comezaron o 10 de Outubro coa proxección de Cousas do Kulechov (2006) e A Atlántida (2005) e continúan o sábado 7 de novembro, con O prezo da dote (2002) e Entre Bateas (2002). A partir das seis e media da tarde. Máis información: http://www.cgb.cat

Volve Morriña!

O sábado 24 de Outubro volve un dos programas máis existosos da factoría ERGaC: Morriña. Da man, coma sempre, de Manolo Piñeiro e de novo en Radio Unión Catalunya, de novo a realidade galega terá un espazo onde expresarse e desfrutar falando das cousas do noso país. Para máis información, consulten este mesmo blog, onde teñen o taboleiro cos horarios dos programas de ERGaC. Como novidade, en Radio Unión Catalunya, será que no seu podcast poderemos escoitar, dende o noso ordenador, os programas de Morriña. Estaremos atentos!

O alcalde de Barcelona, Jordi Hereu, inaugura os xardíns de Tiberio Ávila

A cidade de Barcelona conta cunha nova figura galega no seu nomenclator, trala inauguración, o 3 de outubro, duns xardíns na memoria de Tiberio Ávila, un dos fundadores do Centro Galego de Barcelona. “Farmacéutico, pintor, xurista e político”. A placa en homenaxe a Tiberio Ávila que loce nos xardíns situados no distrito de Nou Barris, na parte alta de Fabra i Puig, recolle as múltiples facetas do intelectual, nacido en Viana do Bolo en 1843.

No acto público de descuberta da placa, o seu sobriño, Arístide Ávila, lembrou a “fulgurante” traxectoria de Tiberio Ávila: cursou estudos de Farmacia en Madrid, foi deputado por Valdeorras nas Cortes da I República, trasladouse á capital catalá para ocupar unha praza de profesor de anatomía na Escola de Belas Artes; e xa na cidade condal, continuou a súa carreira política, primeiro como deputado por Barcelona e logo como concelleiro no Ajuntament. Na inauguración participaron o alcalde de Barcelona, Jordi Hereu, a rexedora de Nou Barris, Carme Andrés, o presidente da Deputación de Lugo, Gómez Besteiro, que se atopaba na capital catalá coincidindo coa celebración do San Froilán, e o presidente do Centro Galego, Xosé Méndez, entre outros representantes das entidades galegas de Cataluña.

Este non é o único lugar de Barcelona que leva o nome dun galego ilustre. En Nou Barris, tamén están as prazas de Otero Pedrayo e Cunqueiro; en Horta, a praza Castelao; na Prosperitat, a vía Pablo Iglesias, e no Eixample, os xardíns María Luz Morales.

As voces de ERGaC, nos partidos de fútbol

Os locutores de ERGaC, Suso Mon e Silvio Falcón, están a retransmitir para Gol TV os partidos de liga do Deportivo da Coruña. Gol TV, propiedade de Mediapro (La Sexta), é unha cadea de pagamento que emite por TDT, especializada na retransmisión de partidos de fútbol.

O San Froilán celébrase en Nou Barris

Una ano máis, os veciños de Nou Barris gozaron do seu particular San Froilán, celebrado a canda a festa orixinal, en Lugo, por iniciativa do colectivo barcelonés Amigos de San Froilán. Cocedeiros de polbo, carpas para comensais e orquestra atraeron a numeroso público á praza maior, onde tamén se podían visitar dous stands de promoción turística do Xacobeo 2010 e da provincia luguesa.


Magosto 2009 Outubro 15, 2009

Posted by admin in : Magosto , 1 comment so far

O Magosto que tradicionalmente se organiza na comunidade galega de Catalunya xa ten data, será o 7 DE NOVEMBRO deste ano 2009 e celebraráse no Merendeiro das Planes (liña S5 dos FGC).

Para poder asistir, hai que pagar a módica cantidade de 15€ (10€ máis se desexas ter a camisola do evento!).

PARA MÁIS INFORMACIÓN, DIRIXÍDEVOS AO CENTRO GALEGO DE BARCELONA (Rambla dels Caputxins, 35) E ALÍ PODEREDES RESERVAR A VOSA “COMIDA” DO MAGOSTO 2009.

Diada Nacional de Catalunya

Posted by admin in : Catalunya , add a comment

Presenza Galega na manifestación da Diada de Catalunya 2009

(por Suso Mon)

No plano político a Diada deste 2009 estivo marcada pola expectativa da sentencia do Tribunal Constitucional sobre o “Estatut”. Na defensa do novo estatuto de Catalunya están todos os partidos políticos agás o PP. Os partidos defensores do  referendado polo pobo catalán representan o 89 por cento do abano parlamentario catalán. As voces máis contundentes afirmaban: “un tribunal non pode resolver en contra dun dereito democrático, cal é a decisión soberana e maioritaria dun pobo”. No plano social o protagonismo foi para as manifestacións de obreiros do sector do automóbil afectados pola crise. Quixeron berrarlle á clase política que eles e outros coma eles son os que peor o están a pasar nesta crise da que aínda ben non se sabe cando nos vai deixar. Tamén tivo presenza nesta Diada o conflito palestino-israelí. Un grupo de propalestinos berráronlle á cantante israelita Noa, defensora e promotora de pontes de paz entre os dous pobos. Os berros foron silenciados en parte cos aplausos do propio público mentres Noa chamaba, en lingua catalá, á paz no Oriente próximo.


Na manifestación social e cívica que ten lugar pola tarde houbo presenza galega. A un grupo representante de diversas entidades cívico-políticas galegas en Catalunya,  que marchaba coas bandeiras branquiazuis de estrela vermella,  xuntóuselle outro de galegos chegados dende a asociación Aturuxo de Boiro cunha pancarta onde se podía ler: “Solidaritat Internacionalista. Galiza amb els Països Catalans” (ver foto adxunta). Formouse daquela unha grea dunhas 30 persoas que marcharon detrás da pancarta,  representando o sentimento solidario e  compartido de galegos e cataláns de sermos pobos con dereito a decidir o noso propio destino en función dos nosos intereses e as nosas necesidades. A manifestación que se encetara na praza Urquinaona baixou pola Ronda Sant Pere para rematar no Arc de Triomf. Aló un grupo, abofé que de coralistas, cantaba o himno catalán dos Segadors: “Catalunya triomfant tornará a ser rica i plena”, ao cal os galegos deberon engadir “só os ignorantes, e férridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden non”. Aos berros finais de “Visca Catalunya lliure” xuntáronselle desta vez os de: “Galiza ceive, poder popular

¡¡¡ Volve ErgacPress !!! Setembro 24, 2009

Posted by admin in : Uncategorized , add a comment

Despois dunha tempada de inactividade o blog ErgacPress volverá para conectar de novo Galiza con Catalunya e Catalunya con Galiza…