Novas de Outono (II) Novembro 5, 2009
Posted by admin in : Uncategorized , add a comment
DEFENSEM LA LLENGUA GALLEGA convoca unha reunión para o 11 de Novembro, mércores, ás 20h no Centro Galego de Barcelona
Logo de celebrarse en Barcelona unha reunión con Fran Rei, vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística e un dos promotores da plataforma “Queremos Galego”, Defensem la llengua gallega convoca unha nova reunión para redefinir os seus obxectivos e programar novas actividades en Catalunya.

_____________________________________________________________________________________________________
Manuel Dobarco, destacado galego-catalán, implicado na trama de corrupción de Santa Coloma de Gramenet : a Operación “Pretòria”
Ao longo desta semana destapouse, nos medios de comunicación de masas, a Operación Pretòria: unha trama de corrupción no Concello barcelonés de Sta. Coloma de Gramenet. Un dos implicados é Manuel Dobarco. Se queredes ter máis info sobre quen é este home e qué papel desenvolveu dentro da comunidade galega en Catalunya, podedes consultar o blog “Barcelona da Arousa” ou “Invando Vagalumes“.
_____________________________________________________________________________________________________
Inagúrase unha exposición sobre o Camiño de Santiago en Girona
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, da Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración coa Asociación de Cámaras de Comercio dos Camiños Xacobeos presenta a mostra audiovisual itinerante “En Camiño”, organizada dentro do convenio que ambas entidades teñen subscrito para a promoción do Camiño de Santiago.A exposición consiste nunha secuencia de 28 fermosas fotografías sobre as peregrinacións xacobeas, particularmente dos camiños Francés e de Fisterra, e outra complementaria de Santiago como meta das peregrinacións. As pezas son de gran calidade e van montadas en caixas de luz, co que se consigue un efecto orixinal e unha atmosfera realmente suxestiva.
Permanecerá ata o día 13 deste mes e á inauguración asistirá o técnico da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo Francisco Singul, quen tamén pronunciará unha conferencia no mesmo lugar o día 10 de novembro que levará por título “Por qué se peregrina a Santiago: razones y mentalidades.” Tras o acto inaugural, e como é habitual neste circuíto, haberá unha degustación promocional de produtos gastronómicos galegos.
__________________________________________________________________________________________________
“Sala CGB” (cine galego en barcelona) no CGB (centro galego de Barcelona).
Iniciouse xa no mes de Outubro, mais neste mes de Novembro, no Centro Galego de Barcelona, poderemos desfrutar das proxeccións:
7 de Novembro : Ás 18.30 a curtametraxe O prezo da dote. Ás 19h Entre Bateas.
Para máis info sobre o Cineforum e outras cuestións, visitade a web do CGB.
____________________________________________________________________________________________________
Novidades no Blog de ERGaC
Tendes ao voso dispor unha foto do equipo do “Galiza…algo máis“ , no apartado do programa de Sants3Ràdio desta humilde bitácora.

A Micro Pechado é a publicación bimensual editada por Ergac. Accede a todos os números publicados dende o ano 2005.