Publicacións ERGAC

libro

O GALEGO NAS ONDAS. Curso radiofónico de lingua galega, elaborado por Ergac en colaboración co Departamento de Filoloxía Galega da Universitat de Barcelona. Constou de 25 leccións que se emitiron no 2001 a través de varias emisoras de radio catalanas, e un libro didáctico de apoio para os oíntes.

libro

ESA MANÍA TÚA DE VIVIR EN PRESENTE. Libro en homenaxe á desaparecida locutora Paquita Álvarez, conductora do programa A Nosa Terra de Radio Florida (L'Hospitalet de Llobregat). Foi editado por Ergac no ano 1994. Está prologado polo catedrático Basilio Losada e contén poemas, relatos, fotografías e ilustracións de varios autores.

libro

ERGAC. UNHA LIGAZÓN RADIOFÓNICA E XORNALÍSTICA ENTRE GALIZA E CATALUNYA. Comunicación presentada no Congreso "Galicia: Éxodos e Retornos" organizado polo Arquivo da Emigración Galega, en Santiago de Compostela en xullo de 2006.