¿Quén somos?
Somos unha asociación sen ánimo de lucro que traballa no eido da comunicación local de proximidade para lograr a visibilidade de Galiza e da súa cultura no espazo comunicativo catalán. As nosas actuacións concéntranse en dous medios: a radio e a prensa. A produción de programas radiofónicos en galego en diferentes emisoras catalás complétase coa edición do boletín A Micro Pechado, unha publicación de actualidade e cultura que se edita regularmente en Barcelona desde o ano 2000.
ERGaC está integrado por diferentes xeracións de galegos, e tamén por persoas catalás sen ascendencia nin vinculación familiar con Galiza, que traballan en rede e de xeito voluntario. A pretenza a Ergac enténdese como unha forma de activismo cultural con achegas e niveis de compromiso diversos.
Intercambio cultural Galiza - Catalunya!
Novas de actualidade!
Dignificación da cultura galega!
Identidade galega!
Voz crítica do mundo!
inicio
|